Agora eres canzón de alma pechada...
a túa música sempre estarei a recordala.
Agora eres canzón que xa non cantan...
a túa fala quedou quebrada.
que na cercanía é sempre moi sentida.
Agora eres canzón de orballo e folla...
que na verde fraga as árbores escoitan.
Agora eres canzón de ecos na teima,...
que son coma susurros na ladeira.
Agora eres canzón que se esgazara...
así non sae a miña fala.
Agora eres canzón, arrolo calmo,...
que eu sinto cando estou nos teus brazos.
Agora eres canzón de ronda eterna...
queda ao meu carón sentindo o latexo do meu corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario