Agora eres canzón de alma pechada...
Agora eres canzón que xa non cantan...
Os paxaros aínda non bailan
Agora eres canzón de lonxe ouvida...
Fuxiches por onde non había saída
Agora eres canzón de orballo e folla...
Es como a chuvia que forte molla
Agora eres canzón de ecos na teima,...
O noso amor xa non queima
Agora eres canzón que se esgazara...
O teu recordo non para
Agora eres canzón, arrolo calmo,...
Aínda recordo o de estar a un palmo
Agora eres canzón de ronda eterna...
Márchaches ás escuras sen levar unha lanterna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario