Agora eres canzón de alma pechada
e o rexeitamento chega da nada.
Agora eres canzón que xa non cantan
e moitos na memoria te gardan.
Agora eres canzón de lonxe ouvida
e chegas coma un recordo doutra vida.
Agora eres canzón de orballo e folla...
e volves cando o outono chora.
Agora eres canzón de ecos na teima
e a túa gran vitalidade se queima.
Agora eres canzón que se esgazara
e a túa ausencia nótaseme na cara.
Agora eres canzón, arrolo calmo,
coma un solpor na cidade de Malmö.
Agora eres canzón de ronda eterna
e quedarás nas nosas vidas, perpetua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario