Agora eres canzón de alma pechada
Que xa non di nin transmite nada.
Agora eres canzón que xa non cantan
Que toda a música e letra espanta.
Agora eres canzón de lonxe ouvida
Que pareces que sempre estás durmida.
Agora eres canzón de orballo e folla
Que na natureza se esconde e perde.
Agora eres canzón de ecos na teima,
Que todo o queima.
Agora eres canzón que se esgazara
E en mil pedazoa quedara.
Agora eres canzón, arrolo calmo,
Unha canzón pertencente ao pasado.
Agora eres canzón de ronda eterna
Que sexa nas festas, nos bares e nas tabernas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario